CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
Plan Marco
A comarca da Limia recibiu nesta convocatoria do Plan Camiña Rural -anteriormente coñecido como Plan Marco- da Xunta de Galicia preto de 500.00 euros, repartidos en dez concellos, para a ampliación, mellora, ou mantemento dos camiños municipais que dan acceso ás parcelas agrícolas.
Onte pola mañá, o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, visitou unha destas actuacións no concello de Sarreaus, onde estivo acompañado do alcalde, Gumersindo Lamas, xunto a outros concelleiros. Pardo detallou que no caso deste municipio, a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destinou 48.817 euros, para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
“As infraestruturas viarias son de vital importancia para as contornas rurais, xa que xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo nestas zonas”, destacou Pardo. Os outros concellos beneficiados da Limia foron: Porqueira, Os Blancos, Vilar de Barrio, Baltar, Rairiz de Veiga, Sandiás, Trasmiras e Xinzo de Limia.
O alcalde de Sarreaus destacou que esta carreteira, “a que vertebra o acceso a Sarreaus dende esta parroquia e que une dúas carreteiras da Deputación”, é un dos camiños que “máis temos que coidar”. Lamas destacou as axudas da administración para o mantemento destas carreteiras, xa que “son camiños de tránsito agrícola e hoxe os tractores son grandes e os remolques de moito peso, e polo tanto hai que estar tódolos anos facendo mantemento”. O alcalde tamén incidiu que estas actuacións son fundamentais para o traballo agrícola no Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
TECNOLOGÍA EN EL RURAL
Los drones se alían con el agro ourensano para asumir tareas complejas
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Examen de comienzo de curso
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Ilegalizar a UPG (Ou que perda a súa condución de partido político)
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Apoyo al HADO
EXPANSIÓN DEL UNIVERSO
La tecnología será una solución