Os comerciantes de Vilar de Barrio crean unha nova asociación
“Os negocios do concello teñen futuro pero precisan unirse e contar con apoio institucional e cidadá”, aseguraron fontes municipais.
O Concello de Vilar de Barrio, que conta na súa totalidade con 33 negocios -bares, supermercados, panaderías, talleres ou perruquerías-, instou aos comerciantes deste municipio a conformar unha asociación para a defensa dos seus intereses e para organizar eventos que contribúan a dinamizar a actividade comercial local. “Os negocios do concello teñen futuro pero precisan unirse e contar con apoio institucional e cidadá”, aseguraron fontes municipais.
Un total de 17 titulares de establecementos responderon á chamada da administración local e constituiron a nova Asociación de Comerciantes de Vilar de Barrio, que estará presidida por Lucía Fernández.
Tal e como subliñaron dende o Concello, entre as actividades que a recén creada asociación quere poñer en marcha atópase a potenciación da feira mensual de Vilar de Barrio -que ten lugar os días 9 de cada mes-, a organización de actos durante as fins de semana nos pobos do rural do concello durante o periodo estival, o apoio á festa da pataca, aos magostos e ás festas patronais.
A asociación pedirá colaboración á Deputación e a Xunta de Galicia, ademais de ao Concello de Vilar de Barrio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí
OBRAS DE MANTENIMIENTO
El viaducto de la AG-53 volverá a cerrarse en su paso por Toén