QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Esta semana deron comezo as obras das beirarrúas da rúa Dous de Maio, que inclúen tres ramplas de acceso para favorecer a mobilidade e que dende o grupo municipal socialista apuntan que “levan moitos anos sendo unha reclamación da veciñanza”.
Dende o PSdeG-PSOE de Xinzo lembran que foi unha obra “deseñada para acometer coa maior urxencia durante o anterior mandato, debido ao derrube que presentaba a beirarrúa superior, con máis de 50 anos de construción”.
“Este ano fíxose realidade a través do Plan Cooperou 2024, un plan que foi negociado polo grupo provincial socialista co novo presidente da Deputación de Ourense”, explica a voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo Elvira Lama. Neste senso, a ex-alcaldesa pon de manifesto que estamos ante un plan “destinado a tódolos concellos, con criterios de reparto xustos e que remata coa discriminación existente durante décadas no ente provincial e que no caso de Xinzo a achega é de 348.000 euros”.
Un proxecto deseñado a dobre altura con beirarrúas paralelas, unha no borde da calzada por onde vai o abastecemento e outra na saída das vivenda, por onde irá a tubaxe de saneamento. As obras tamén contemplan tres pasos elevados sobre unha calzada que recibira tratamento de dobre rego, así como zona axardinada nos desniveis da beirarrúas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último