O Couto Mixto nomeou a tres novos xuíces honorarios
A LIMIA
As novas incoporacións son as da etnóloga e fotógrafa Mercedes Vázquez, a do profesor e poeta Suso Díaz e a do presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manuel Batista Calçada Pombal
A igrexa de Rubiás acolleu este sábado a cerimonia do nomeamento dunha nova xuíza e dous novos xuíces honorarios do Couto Mixto. As novas incoporacións son as da etnóloga e fotógrafa Mercedes Vázquez, a do profesor universitario e poeta Suso Díaz e a do presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manuel Batista Calçada Pombal.
A seguir do acto de ingreso, representouse unha escenificación teatral da historia do Couto Mixto a cargo de Platea tras a que o público asistente tivo ocasión de gozar dun concerto de María do Ceo.
Ao acto, organizado pola Asociación de Amigos do Couto Mixto, asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que tamén é xuíz honorario desde 2017, e que recordou que "o Couto Mixto é un dos símbolos de unión de galegos e portugueses, de dous pobos irmáns, na historia, na lingua e na cultura".
O Couto Mixto foi unha entidade política, comparable a un microestado independente, situado no val do río Salas e constituído polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus, pertencentes aos concellos de Calvos e Randín e de Baltar. En tempo das monarquías feudais, o Couto Mixto elixía por sufraxio directo dos representantes das casas o seu rexedor (xuíz) polo tempo de tres anos. Coa firma do Tratado de Lisboa (1868) os dominios do Couto Mixto quedaron baixo a soberanía de España. En contrapartida, pasaron á soberanía portuguesa as poboacións de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo, cuxos presidentes foron nomeados xuíces pola asociación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Después del viaje papal
Gonzalo Iglesias Sueiro
En busca del perdón
1,53 billones de euros
SpaceX empieza a cotizar tras una salida a bolsa histórica
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 13 de junio