SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
A LIMIA
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, comezará o luns día 16 unha excavación arqueolóxica na fronte noroeste da torre do Castelo da Pena de Xinzo. O goberno autonómico investirá unha partida de 17.000 euros nestes traballos, que levará a cabo unha empresa especializada en arqueoloxía e que se prolongarán durante os vindeiros 10 días.
As tarefas de escavación contratadas enmárcanse nos estudos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, están a desenvolver neste monumento, de cara á súa posta en valor. O obxectivo é estudar en profundidade (nun ámbito aproximado duns 95 metros cadrados) os diferentes restos de muros que se aprecian en superficie, documentándoos en planta e alzado, datalos, e estudar os diferentes niveis arqueolóxicos que se relacionan con eles.
Dende o pasado 2015 estanse a realizar campañas anuais de roza manual e clareo da vexetación, na parcela propiedade da Xunta de Galicia na que se sitúa prácticamente a totalidade das estruturas do castelo. O obxectivo destas actuacións non é outro que facilitar a súa visita e atallar o risco de incendios.
No 2016, os traballos no Castelo da Pena centráronse na realización dunha documentación xeométrica en tres dimensións do estado da torre da homenaxe, un levantamento planimétrico do xacemento e unhas sondaxes arqueolóxicas valorativas, coa finalidade de avaliar as distintas zonas do Castelo. Mediante estas últimas, comprobouse a secuencia estratigráfica dos distintos recintos do sitio e localizáronse diversos tramos de muralla que estaban ocultos.
As labores tamén se están facendo no presente 2017 na parcela que acolle o Castelo de Sandiás, coñecido como Torre do Castro e propiedade da Xunta Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 25 de mayo?
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
La amenaza invisible
CATALUÑA EN EL EXTERIOR
Cataluña inicia en México un ciclo internacional de foros económicos con más de 200 asistentes