NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
MOCIDADE
A mocidade que ata alí se achegou puido desfrutar de varias actividades pensadas para idades comprendidas entre os 12 e 35 anos. Os menores de 12 años que asistiron acompañados divertíronse nun espazo de construción pensado para a eles.
Esta festa vespertina é unha proposta da Xunta a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración co Concello de Xinzo, e que conta ademais co financiamento do Ministerio de Igualdade dentro do marco do Plan Corresponsables.
Os distintos xogos de entretemento, todos de balde, incluíron un xogo de escape e realidade virtual no taller de concienciación ambiental, tiro con arco en lecer educativo, un obradoiro de arte colaborativo a través do graffiti ou unha demostración culinaria no denominado espazo de gastronomía saudable.
O obxectivo da tarde foi a de ofrecer alternativas de ocio saudables e tamén educativas por toda Galicia, xa que o Día da Xuventude estase a celebrar en máis de 30 concellos gallegos.
Ricardo Sieiro, concelleiro de Participación Cidadá, Mocidade e Festas de Xinzo, destaca que o Concello limiao busca con este tipo de eventos “fomentar outro tipo de ocio, máis saudable, con outro tipo de actividades que, aparte de que sexan lúdicas, tamén sexan formativas e interesantes para toda a mocidade”. O desexo do concelleiro sería que este Día da Xuventude “se repetise ao longo do ano, xa que me parece moi interesante”.
Por último, o fin de festa contou cunha actuación musical a cargo do DJ Pablo Seguín, e que fixo as delicias e puxo a bailar aos alí presentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!