GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
Por que era tan vital esta obra para Xinzo?
Era fundamental transformar unha estrada nacional de tres quilómetros de lonxitude. Tratábase dunha vella demanda deste e doutros gobernos que non se acadou ata este momento. Esta alcaldesa e o seu equipo de goberno, en contacto permanente co Ministerio, puxemos todo o noso empeño en que esta fora unha das actuacións prioritarias dentro dos Fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia que veñen de Europa. Xinzo vai a ser o espello no que se van a mirar outros Concellos do Estado.
Había unha demanda veciñal ao respecto?
Había unha demanda moi xusta neste senso. A estrada nacional estaba nun estado lamentable. No tramo da entrada á avenida de Madrid e a beirarrúa da marxe dereita da avenida de Ourense as tapas do alcantarillado son do ano 1966. Tampouco hai beirarrúas na marxe esquerda e na dereita non fan máis que romper as tuberías do saneamento, que soportan unha carga excesiva pola multiplicación do número de vivendas nos últimos anos.
Agardan, ademais dunha transformación do vial, unha transformación económica?
Agardamos un impacto moi positivo. Ter unha travesía moderna e ao nivel dunha grande cidade vai a revalorizar os baixos e as vivendas, así como o centro de Xinzo.
Xinzo é unha vila agraria, os camións e tractores poderán seguir circulando polo centro?
Si, perfectamente. Eso si, todos sabemos que o límite agora é de 30 quilómetros por hora. Decir tamén que nós estamos rodeados de viais de servizos e pistas que dan acceso ao centro de Xinzo por multitude de vías.
Catro millóns para Xinzo, como se fraguou este investimento?
No 2021 solicitamos a redacción dunha memoria, que foi remitida ao Ministerio e a Demarcación de Carreteras. Axilizáronse os prazos e, aproveitando a visita do delegado do Goberno a Xinzo para anunciar o investimento millonario para o regadío, invitámolo a ver, in situ, como estaba a avenida de Ourense. Xinzo non podía contar cuns accesos nese estado. Tamén era fundamental garantir a seguridade.
Que prazos se manexan?
O proxecto de trazado sairá a exposición pública durante 30 días. En canto esté o proxecto de construcción será o propio Ministerio o que inicie a licitación. Contamos que as obras comecen o ano que vén.
O obxectivo pasa por humanizar o resto da vila?
Temos que facer vilas para a xente e darlle vida ao comercio e á hostalería.
Considera este o gran proxecto do seu mandato?
É un gran proxecto, pero para cada veciño o gran proxecto é o que el necesita. O que vive nun pobo é que lle arranxen o camiño e o que vive noutro que lle arranxen unha praza… Son todos importantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Se puede vivir bien sin leer (nos)
"ACOMPAÑAR É DAR VIDA"
Alcer busca voluntarios para acompañar a enfermos renales