AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
100º ANIVERSARIO
A aldea de Sáa, en Vilar de Santos, foi o escenario esta fin de semana da celebración da primeira edición da Festa da Arracada. Este novo evento histórico-cultural de inspiración celta serviu para conmemorar o 100º aniversario do descubrimento no concello da arracada, unha xoia da produción da ourivaría castrexa. A iniciativa ofreceu un programa de actividades que reivindicaron a cultura e historia locais.
De entre tódalas actividades, destacou especialmente a representación teatral “A lenda da Arracada”, que se levou a cabo coa colaboración da asociación de recreación histórica Civitas Limicorum, procedentes de Xinzo de Limia e organizadores da Festa do Esquecemento.
A súa posta en escena deu vida ás raíces históricas da Limia, poñendo en valor o patrimonio material e inmaterial dos pobos prerromanos que alí habitaron, e achegando á vez aos presentes unha mellor comprensión e interpretación dos bens patrimoniais autóctonos.
O resto da xornada completouse con outras propostas igualmente temáticas, tales como unha xincana ou unhas olimpíadas celtas, que contribuíron a enriquecer unha celebración que combinou tradición e convivencia nunha contorna natural única. Ademais tampouco faltou a comida nin a bebida grazas ao xantar popular e a unha improvisada taberna.
Dende o Concello de Vilar de Santos sinalan o seu “agradecemento” a tódalas persoas e entidades implicadas, e animan á veciñanza e visitantes a participar en próximas edicións para consolidar esta festa como cita imprescindible no seu calendario cultural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos