A Festa da Serra en San Mamede une a catro concellos

FIESTAS

A programación comezou cunha saída das Andainas dende Rebordechao e unha saída en bici, dende Arnuide

Gran ambiente no xantar popular da Festa da Serra.
Gran ambiente no xantar popular da Festa da Serra.

A Festa da Serra en San Mamede tivo lugar no día de onte. A importancia da sustentabilidade e do ecoturismo como elemento vertebrador da Serra de San Mamede volveron a unir aos concellos de Vilar de Barrio, Maceda, Montederramo e Laza para recuperar unha tradicional romaría, a festa de San Mamede, que nos anos 90 reunía por centos de persoas na contorna da capela que actúa como punto de encontro das diferentes localidades.

A programación comezou ás 09,00 horas, cunha saída das Andainas. Esta saída comezou en Rebordechao e dende Arnuide (O Coudillo). Tamén ás 09,00 horas houbo unha saída da subida en bici dende Arnuide. Despois, ás 12,30 horas, tivo lugar a misa na Capela.

Vista do monte da Serra de San Mamede.
Vista do monte da Serra de San Mamede.

Ás 14,00 horas, houbo un xantar popular. Este xantar incluiu un menú, con empanada de carne e bonito, lacón braseado, churrasco mixto, criollo, pementos, bica, viño, refrescos, chupito e café. Tamén incluira polbo a partir das 12,00 horas. O prezo foi de 20 euros, menos para os rapaces de 7 a 12 anos que foi de 10 euros, e gratis para os menores de 7 anos. O acompañamento muscial foi da Charanga “A Felga” de Maceda, dende as 13,00 horas.

Contenido patrocinado

stats