QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Posto de traballo
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Limia Arnoia vén de abrir a convocatoria para a contratación de persoal técnico para o programa Leader 2023-2027 no territorio, incorporándose ó equipo encargado de xestionalo. O GDR abre esta convocatoria para reforzar o equipo actual cunha persoa con capacidade para acompañar, asesorar e seguir os proxectos que se presenten ó programa.
A entidade busca cubrir unha praza de técnico durante unha excedencia do titular, para traballar na oficina de Celanova con posibilidade de desprazamento ás sedes de Allariz e Xinzo de Limia.
O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 29 de setembro, e poden realizarse de xeito telemático a través do correo electrónico info@limiaarnoia.gal.
O proxecto “Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural” (Leader) é unha política da Unión Europea destinada a manter vivas as áreas rurais, adaptada ás diferentes realidades rexionais e co obxectivo de mellorar a competividade do sector agrario e forestal, mellorar o ambiente e o medio rural, a calidade de vida e diversificación da economía rural, a través de estratexias que favorezan condicións para crear e manter emprego no rural e a ocupación sostible do territorio, prestando especial atención ós colectivos máis desfavorecidos.
O proxecto pretende que as persoas destes territorios se convertan en “protagonistas do seu propio desenvolvemento”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último