AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Desenvolvemento rural
O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Aronia vén de por en marcha un programa de mentoría, totalmente gratuíto, para persoas autónomas e pequenas empresas na súa área de actuación que queira mellorar aspectos clave do seu día a día laboral.
A través deste proxecto ofrecerán bolsas de mentoría individualizada, as cales inclúen 5 sesións prácticas de 5 horas en total, das cales 2 serán presenciais. Estas mentorías teñen por obxectivo mellorar a comunicación dos proxectos interesados, avanzar a dixitalización dos negocios, optimizar a presenza en Google e aprender a usar ferramentas como ChatGPT.
Está pensado para xente que este á fronte dun proxecto e quere mellorar a súa presenza dixital ou a súa comunicación. Para isto, ofrecen un acompañamento realista, sen tecnicismos e centrados nas necesidades dos interesados e guiados por un experto.
Para poder acceder, os interesados deben cubrir un breve formulario na páxina web do GDR.
O GDR ofrecerá hoxe ás 19,00 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia unha nova sesión das súas charlas informativas “Recuperar a terra. Deseñar o futuro”, que levan realizando dende maio na súa área de competencia e que buscan conectar persoas propietarias de terras con persoas demandantes delas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
SENDA 0011
Frenar no es parar
A POR LOS 3 PUNTOS
El Arenteiro, a estrenarse ante el Lalín
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLVII)
Galería | El hombre que salvó una colección de fotos de guerra
Victoria Lafora
Cincuenta días después