O IES de Xinzo inclúe un novo grao agrario
FORMACIÓN
O ciclo medio de FP Dual permitirá a formación e as prácticas na comarca
O IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia implantará durante o próximo curso un ciclo medio de Formación Profesional Dual no apartado de produción agropecuaria, que compaxinará as prácticas remuneradas en empresas da comarca coa formación no centro educativo, case a partes iguais.
Así o puxo de manifesto onte o Concello da capitalidade da comarca nunha nota de prensa na que adiantaba que "o 54% da duración total do ciclo, que será bianual, transcorrerá no IES, mentres que o 46% restante da formación desenrolarase en empresas do sector agropecuario da comarca, unha das máis importantes de Galicia neste ámbito".
En realidade, o obxectivo da FP Dual é favorecer a convivencia entre a formación teórica coas prácticas nas empresas adicadas á especialidade estudada. A noticia foi valorada positivamente polo grupo de goberno de Xinzo, xa que consideran que "para unha comarca de gran produción agrícola esta é unha moi boa noticia para o futuro de moitos mozos e mozas", segundo puxo de manifesto a alcaldesa, Elvira Lama.
A Formación Profesional agraria é unha novidade no IES Cidade de Antioquía, "moi demanda durante os últimos anos e dende moi diferentes ámbitos", segundo o Concello. No centro si contaban cun ciclo de FP forestal de grao medio e superior, pero non coa rama agraria. O prazo de matrícula comeza o día 25 de xuño e remata o día 8 de xullo. Posteriormente, levarase a cabo unha selección, xa que o número de prazas é limitado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
DISTRICTO CENTRAL DE LEIRÍA
Un incendio forestal procedente de Portugal cruza la frontera y alcanza ya la zona de Manzalvos, en A Mezquita
LA ESTACIÓN MÁS LARGA DEL AÑO
El verano empieza este domingo, 21 de junio, a las 10:24 horas
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo