"FOGAR DAS NOSAS CEGOÑAS"
La “Casa dos Mestres” de Trasmiras acoge una exposición sobre cigüeñas
Álvaro Conde Gil, un cativo de sete anos e alumno do Colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, resultou gañador -entre cativos de toda Galicia- da XIII edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai” que organiza o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.
Este certame retaba a nenos de 0 a 12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar a súa nai. Diferenciados en categorías por idades, os participantes debuxaron a xoia que lle regalarían a súa nai e, entre os miles de traballos presentados, o xurado seleccionou a 80 finalistas.
No acto de entrega de premios, que se celebrou en Ponteareas, desvelouse o gañador da categoría de 5 a 7 anos: o limiá Álvaro Conde, acompañado dos demais gañadores. Tomando como referencia os debuxos enviados, os xoieiros profesionais que actuaron de xurado encargaron a creación das xoias gañadoras.
Así, estas doce xoias únicas dos premiados na XIII edición súmanse ás 126 xoias fabricadas con anterioridade nas pasadas edicións. Un premio que durará “para sempre” e que conta coa garantía de profesionalidade dos xoieiros colexiados de Galicia. “Queremos con esta iniciativa facer máis visible esta profesión ante a sociedade, acercando aos máis pequenos a este mundo”, conclúen dende o Colexio de Xoiaría.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INESTABILIDAD DEL TERRENO
Parte del muro de los nichos del antiguo cementerio de Bonaval se derrumba por el mal tiempo