Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Control de poboación
A comarca da Limia será o foco principal dun novo estudo ambiental destinado a actualizar o censo e a distribución de tres especies de aves reprodutoras: o paspallás, o pombo e a rula.
Ata finais de outubro de 2027, levaranse a cabo labores de observación e cuantificación destas aves ao longo de nove concellos da zona: Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Vilar de Barrio, Sarreaus, Xinzo de Limia, Trasmiras, Porqueira e Xunqueira de Ambía. Estes traballos de campo na área limiá contarán cun investimento de algo máis de 40.600 euros.
A Xunta de Galicia vén de adxudicar esta investigación por preto de 80.000 euros, unha contía cofinanciada nun 60% por fondos europeos do programa Galicia FEDER. Mentres que na Limia se fará un seguimento detallado das tres especies, no resto da comunidade os traballos centraranse en avaliar as poboacións de rula con algo máis de 38.000 euros.
O obxectivo prioritario desta iniciativa é coñecer sobre o terreo a situación da biodiversidade na comunidade mediante a observación directa dos exemplares, buscando avaliar se estas poboacións medran ou diminúen, unha información vital para tomar medidas que garantan a súa conservación e protexan o medio natural galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
EXCAVACIÓN ARQUEOLÓGICA
Hallan restos de “pallabarro” y semillas en Santa Mariña
La Región
Vergüenza
DO 6 AO 10 DE XULLO
Celanova convértese no epicentro do audiovisual
Rosendo Luis Fernández
Santalices, fillo adoptivo