Limialandia, refuxio máxico para pequenos

ACTIVIDADES DE NADAL

Inchables xigantes, pintacaras e “tattoos” temporais puxeron a chispa de emoción nas caras dos pequenos da vila e a contorna

Publicado: 31 dic 2024 - 05:00 Actualizado: 31 dic 2024 - 09:54
Limialandia fue un éxito en Xinzo

O pavillón municipal de deportes de Xinzo de Limia abriu este luns as súas portas para recibir a Limialandia, un parque de Nadal que xa se converteu nunha cita imprescindible para os nenos de 3 a 11 anos. Durante os próximos días, e ata o 6 de xaneiro, este espazo transformarase nun lugar onde a diversión, a creatividade e a maxia festiva serán as protagonistas

Os distintos deportes de equipo non faltaron na oferta de Limialandia.
Os distintos deportes de equipo non faltaron na oferta de Limialandia.

Desde o primeiro momento, os cativos mergulláronse nun universo de cores, xogos e risas, onde inchables xigantes, pintacaras e “tattoos” temporais puxeron a chispa de emoción nas súas caras. Non faltaron tampouco xogos e retos pensados para estimular a súa imaxinación e garantir horas de entretemento inesquecibles. Todo isto, co engadido de ser unha actividade de balde, o que supón un alivio para moitas familias nestas datas.

Os inchables fixeron as delicias dos máis pequenos.
Os inchables fixeron as delicias dos máis pequenos.

O ambiente dentro do pavillón era vibrante: risos, aplausos e os ollos brillantes dos pequenos daban boa conta do éxito da iniciativa. Limialandia ofrece horarios adaptados ás necesidades das familias permanecendo aberto polas mañás, de 10:30 a 13:30 horas, e polas tardes, de 16:00 a 20:00 horas, con excepción en días sinalados.

Contenido patrocinado

stats