Máis de 3.000 cativos pasaron por Limialandia durante o Nadal

PROGRAMACIÓN LÚDICA

Máis de 3.000 nenos e nenas desfrutaron de Limialandia

Publicado: 08 ene 2025 - 02:15 Actualizado: 08 ene 2025 - 07:55
Cativos de entre 3 a 11 anos desfrutaron dunha nova edición de Limialandia. | Foto: Miguel Ángel
Cativos de entre 3 a 11 anos desfrutaron dunha nova edición de Limialandia. | Foto: Miguel Ángel

O Concello de Xinzo de Limia vén de anunciar que máis de 3.000 nenos e nenas da vila e da comarca da Limia desfrutaron este pasado Nadal das actividades de Limialandia no pavillón municipal de deportes, no marco dunha intensa programación lúdica e cultural con motivo das festas.

Ao longo de oito días, este parque de ocio de balde contou con inchables, xogos e pintacaras, entre outras actividades, que fixeron as delicias dos máis pequenos.

Contenido patrocinado

stats