QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
CULTIVOS DA COMARCA
O regadío da Limia foi o protagonista no día de este xoves pola visita institucional ás obras de modernización e consolidación dos regadíos da Comunidade xeral de regantes Nova Limia, organizada pola Sociedad mercantil Estatal de Infraestructuras Agrarias, S.A. (Seiasa). A visita estivo presidida pola secretaria de Estado de Agricultura, María Begoña García Bernal; a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o presidente da Deputación provincial, Luis Menor.
O proxecto de “Mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións das augas subterráneas A Limia 2022” modernizará os regadíos das comunidades de regadores de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo e beneficia a 1.822 regadores que cultivan 2.576 hectáreas nos municipios de Xinzo de Limia, Trasmiras, Sarreaus e Porqueira.
O obxectivo da actuación, que ten un prazo de execución de 24 meses, é substituír os actuais sistemas de rega con motobombas diésel e tubaxes de aluminio superficiais, por modernas redes de rega presurizadas alimentadas por captacións de augas subterráneas e con telecontrol. As novas infraestruturas estarán dotadas con estacións de bombeo e filtrado, hidrantes, instalacións solares fotovoltaicas e elementos de regulación e almacenamento, de tal forma que o agricultor dispoña dunha toma de auga a presión próxima á súa parcela e integrada nun sistema de automatización e telecontrol.
Trátase dunha obra que aproxímase aos 50 millóns, investimento onde o Goberno central aporta 42,35 millóns de euros, e a Xunta e a Deputación colaboran para aportar os recursos necesarios para culminala. A secretaria de Estado, Begoña García, destacou que estas obras permitirán mellorar a vida dos agricultores da comarca e as súas familias, insistindo en que a modernización do regadío, a dixitalización e a innovación son pezas chave no desenvolvemento rural co gallo de asegurar o relevo xeneracional. “Esta obra tiene que estar finalizada antes de julio de 2026”, precisó.
A conselleira María José Gómez reiterou o compromiso da Xunta co regadío da Limia, un apoio que se concretou nunha achega de 7 millóns de euros. Engadiu que a comunidade galega ten a fortuna de contar co clima e coa fertilidade da terra e por iso podemos ser “a despensa de España e mesmo de Europa”.
“Garantimos que a Xunta e a Deputación asumirán eses costes do IVE, que no caso da institución provincial poden chegar a ser 4 millóns de euros”, proclamou Menor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último