Os novos accesos a Xinzo: carrís bici e máis glorietas
Dende o Concello aseguraron que o Goberno Central comprometeuse a financiar estas obras
A comezos do pasado mes de setembro e aproveitando a visita do delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, a Xinzo, o executivo local puxo enriba da mesa o proxecto valorado en máis de dous millóns de euros para renovar os accesos á capital limiá tanto pola avenida de Ourense, como pola avenida de Madrid, un plan moi necesario dadas as deficiencias estruturais que presentan estas transitadas zonas. Esta fin de semana o Concello de Xinzo asegurou que o Goberno “comprometeuse a financiar as obras e a darlle prioridade con respecto a outras que existen en Galicia”, polo que semella que a remodelación será pronto unha realidade aínda que, polo momento, non conte con data de execución.
Sen embargo, o Goberno local liderado por Elvira Lama aproveitou nestes días para desgranar en profundidade o ambicioso plan previsto para a arteria principal da vila e que incluirá carrís bici, máis rotondas, viais de servizo, pasos de peóns e novas beirarrúas, ademais da renovación das redes de saneamento e de abastecemento.
NECESIDADE DE REFORMA
O crecemento da vila limiá nos últimos anos produciuse ao longo da avenida de Madrid en dirección ao vial de acceso á autovía A-52. Dende o Concello explican que “tendo en conta gran parte da poboación da localidade asentouse nesta zona na que non existen os pasos de peóns necesarios e beirarrúas nalgúns puntos, o executivo local proxectou a mellora dos accesos á vila pola N-525 -concretamente, do tramo da Avenida de Madrid, de 350 metros, que está pendente de reforma, e da avenida de Ourense, de 1.600 metros, dende a rotonda da avenida de Celanova ata os institutos-”.
Tal e como desvelou o executivo, as obras irán encamiñadas a separar o tráfico rodado das zonas destinadas ao uso de peóns e estacionamento. Nun primeiro momento procederase á demolición das beirarrúas e á retirada do pavimento en peor estado, así como do mobiliario urbán. Unha vez rematada esta fase, levarase a cabo a renovación das redes de saneamento e de abastecemento e, do mesmo xeito, soterrarase o alumeado co obxectivo de mellorar a parte máis estética. Neste senso, tamén se retranquearán luminarias e semáforos para adaptalos á nova aliñación das aceiras.
Por outro lado, na Avenida de Ourense, tanto na entrada á zona urbana -fronte ós institutos- como no entronque da N-525 coa pista dos Castros e a pista do Zepetal, executaranse dúas glorietas de 6,5 metros de radio interior e 14 metros de radio exterior e construirase un carril bici ata os institutos. Tamén na avenida de Ourense executarase unha vía de servizo nas dúas marxes e pasos de peóns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
La Región
Si te quieres divertir, pasa un verano en Nueva York
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 23 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 23 de marzo
PRESAS Y ESCOMBRERAS
Tres instalaciones mineras en Galicia, un peligro medioambiental