QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O plan extraordinario de reparación de camiños será, na Limia, a primeira pata dun plan estratéxico máis amplo que xa comeza a amosar os primeiros avances. As demandas dos rexedores da comarca limiá e da veciña Xunqueira para reparar ducias de pistas de concentración parcelaria deterioradas polo paso do tempo foron respostadas este venres polo conselleiro de Medio Rural, José González que, xunto á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e ao delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, reuniu a alcaldes e alcaldesas da contorna en Ourense para explicarlles a execución dos primeiros 600.000 euros en infraestruturas viarias que os Concellos admitiron non poder asumir.
O obxectivo final pasa por reparar, na súa totalidade, 4.718 quilómetros de pistas, repartidos en 12 concellos. Estes viais son empregados diariamente por gandeiros e agricultores e precisan dunha actuación urxente.
Logo de varias xuntanzas -a maioría, telemáticas- mantidas ao longo dos últimos meses, os rexedores e rexedoras acordaron remitir un listado de pistas prioritarias para unha actuación, e estas serán as que se inclúan neste primeiro prazo que, se todo vai segundo o previsto e se cumple a tramitación pertinente, podería comezar a executarse nun breve periodo de tempo.
O titular de Medio Rural, José González, explicou aos alcaldes que os traballos consistirán na limpeza de cunetas e da vexetación presente no camiño, na rehabilitación de obras de fábrica xa existentes e no barrido e bacheo das zonas que o precisen. Ademais, sinalou que na execución destas actuacións tamén colaborará a Deputación de Ourense coa cesión de maquinaria pesada.
A colaboración entre a Administración Autonómica, o Goberno Central, a Confederación Hidrográfica e as Comunidades de Regantes será vital dentro deste plan estratéxico, dentro do que está previsto un investimento total de máis de 32,5 millóns e que incluirá a renovación das estructuras do regadío, unha vella demanda na zona. Xa está encargada a preparación de 42 novos pozos, tal e como anunciou o conselleiro galego.
O tenente de alcalde de Xinzo e presidente dos Productores de Pataca da Limia, Amador Díaz, destacou a intervención da Xunta como “interesante e importante”, xa que na comarca “hai centos de quilómetros que aos Concellos resúltalles case imposible arranxar”. Do mesmo xeito, Díaz asegurou que “está comezando a dar os seus frutos a Mesa da Limia. É importante que as administracións supramunicipais inxecten fondos para que poidamos dar servizo, neste caso, a agricultores e gandeiros”. O plan de intervención nas pistas de concentración parcelaria está aínda aberto e terá continuidade para o vindeiro ano: “Meteremos as pistas que están en peor situación con excepción da lagoa, que se incluirá nunha intervención aparte”. Este plan estratéxico complétase cun borrador que busca un mellor aproveitamento dos recursos, reducir a concentración de nutrientes nas augas, xerar emprego e fixar poboación no rural. Tamén un consenso sobre os cambios lexislativos necesarios para contribuír á mellora da xestión das dexeccións gandeiras, o desenvolvemento da Lei de recuperación da terra agraria ou o Plan de Pastos. Igualmente quérese poñer en marcha un centro de fomento da economía circular e xestión de xurros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
CHOQUE INSTITUCIONAL
La Xunta insiste en traspasar de forma consensuada la AP-9
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha