Premio a seis alumnos de Xinzo polos seus relatos de Samaín
O obxectivo desta proposta foi, tal e como matizaron dende a administración local limiá, “fomentar a lectura entre os máis novos e transmitir a tradición celta do Samaín”.
Seis alumnos de Xinzo de Limia -catro do Rosalía de Castro e os outros dous do Cidade de Antioquía e do Lagoa de Antela- resultaron premiados no concurso Minicontos de medo de Samaín organizado pola Concellería de Cultura que dirixe Ramiro Rodríguez. O xurado, composto por persoas vencelladas ao mundo das letras e polos directores e directoras dos centros educativos, quixo destacar “a orixinalidade” dos relatos.
Os vencedores serán premiados con vales de compra para adquisición de libros por valor de 50, 100 e 150 euros en función da categoría correspondente. Neste senso, establecéronse dúas, infantil e xuvenil, e tres premios en cada unha delas. Ademais, os galardoados recibirán un diploma e un agasallo orixinal de Limisi nun acto que se celebrará nos vindeiros días.
Na primeira categoría -de cinco a 11 anos- resultaron gañadores e por orde de primeiro, segundo e terceiro posto; Antón Sánchez Joga, Claudia Urones Cid e Gabriela Enríquez Blanco. Todos eles estudan no Colexio Rosalía de Castro. Na categoría xuvenil -máis de 12 anos- foron galardoados Carla Gómez Gómez, do IES Lagoa de Antela; Shaila Franco Morales, do IES Cidade de Antioquía, e Leo Rodríguez Enríquez, do Colexio Rosalía de Castro.
GRAN PARTICIPACIÓN
Dende o Concello de Xinzo de Limia quixeron agradecer aos participantes “o seu esforzo e que dedicaran un anaco do seu tempo a esta iniciativa cultural”. O obxectivo desta proposta foi, tal e como matizaron dende a administración local limiá, “fomentar a lectura entre os máis novos e transmitir a tradición celta do Samaín”. Ademais, dende o Consistorio congratularonse pola “gran participación” que se acadou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
¿Por qué no te callas, Elon Musk?
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve