QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Con motivo do Día Mundial das Montañas, a coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 plataformas, colectivos e organizacións galegas, chama a mobilización este domingo en toda Galicia en defensa “das nosas montañas e contra a invasión eólica”.
En Ourense, a concentración, de carácter provincial, terá lugar en Vilar de Barrio ás 12,00 horas e está promovida polo Movemento Ecoloxista da Limia, Salvemos O Támega-Adega Monterrei, Petón do Lobo, Ecologistas Em Ação Galego-Transmontano, Sindicato Labrego Galego, Club Parapente Baltar, Amigas das Árbores, Amigas da Terra, Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga), a Sociedade Galega de Ornitoloxía, e as plataformas Stop Parques Eólicos en Chandrexa, Salvemos as Montañas de Trevinca e Stop Eólicos Xurés Celanova, Tarabelada Terra de Caldelas.
No acto darase lectura ao manifesto “Defendemos as montañas fronte a gobernos e especuladores”, que neste terceiro ano de mobilizacións (as anteriores celebráronse en Laza, no 2021, e en Xinzo de Limia no 2022) pretende subliñar “o determinante papel que está a xogar a sociedade civil organizada na defensa do territorio galego fronte o espolio eólico e a traizón dos gobernos”. Haberá intervencións poéticas e tamén música, a cargo do dúo 2naFronteira. A organización preparará chocolate para convidar a todas as persoas que acudan ao evento. Está previsto que o acto teña unha duración de aproximadamente 30 minutos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Allariz