Rafael Quintía: “O entroido no interior tivo unha potenciación”
Rafael Quintía Pereira é un antropólogo vigués que analiza as orixes do Entroido ourensán
O antropólogo Rafael Quintía, gañador de varios premios, entre eles o “Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais” en 2015, repasa as orixes do Entroido en Galicia e na provincia de Ourense.
Como foron os inicios do Entroido en Galicia?
Os inicios do Entroido son moi difíciles de saber. Hai que entendelo dentro dun contexto cultural, que non é exclusivo de Galicia. É un fenómeno que se extende en toda Europa, incluso no norte de África, Turquía e Iraq. Hai entroidos con enmascaradas. Logo hai un contexto temporal, que son as enmascaradas invernais, que comezan no ciclo dos defuntos. O Entroido sería a última das enmascaradas no ciclo da invernía. Logo xa daría paso a primaveira. Ao ser un fenómeno cultural tan extenso no tempo, foi sufrindo cambios ao longo da historia.
Que influencias ten o Entroido de hoxe en día?
Ten influencia do cristianismo, na época da Idade Media, condicionamento a nivel de calendario con respecto o tema da Cuaresma. Hai que entendelo dentro destas enmascaradas, que é algo que se remonta aos ritos de expulsión do inverno e a chegada da primaveira. É moi antigo e non podemos saber cando comezou. Pero si que podemos saber que ten unha orixe precristiá, porque o propio cristianismo intentou prohibilo. Temos textos de San Isidro de Sevilla, das enmascaradas que se facían en Cerceira. Si xa a Igrexa está describindo que se facía, é porque xa existía antes. Como fenómeno vivo e cultural, foise adaptando aos tempos e vai recibindo diferentes influencias. Entón, é complicado dicir en que momento naceron este tipo de festas, porque son de carácter moi global. É imposible dicir cal é o Entroido máis antigo de Galicia, aparte non ten ningún tipo de sentido. É como se dis cal é o San Martiño ou o Cristianismo máis antigo de Galicia, o da miña parroquia ou o da túa. Non, é un fenómeno cultural moi extenso, que non podemos documentar en que momento arranca, e que ademais vai adaptándose e adquirindo un carácter identitario en cada lugar. En cada sitio diferenciase dos outros, como forma de darlle imaxe as nosas identidades.
Sabe o motivo de por que en Ourense celébrase máis que noutras provincias?
En primeiro lugar, as provincias non teñen ningunha validez para definir isto. As provincias son moi recientes, do 1.800. Falariamos máis por zonas. Hai entroidos que están entre a provincia de Ourense e Pontevedra hoxe en día. O Entroido celebrábase en toda Galicia, comeza a desaparecer nos anos 50 co abandono do rural, coas transformacións sociais, urbanización e emigración. No momento en que marcha a xente das aldeas, sobre todo a xente nova, comézanse a perder moitos Entroidos. É certo que en Ourense consérvase unha gran riqueza e variedade. Consérvanse máscaras, que non é o máis importante, e ritos moi arcaicos, moi enraizados.
Que relación ten o noso Entroido cos de outros sitios do mundo?
Hai unha relación de moitos dos fenómenos do Entroido de toda Europa, con zonas interiores e de carácter montañoso. Temos zonas de Bulgaría, na propia Península Ibérica (Portugal, Extremadura, Cantabria, Asturias). Hai unha vinculación coas zonas de carácter montañoso, que habería que estudar iso. Igual conservou parte de Ourense máis a trama social e rural onde se desenvolve o Entroido. O Entroido é principalmente algo rural, tamén se volcou toda a poboación cara a costa e grandes núcleos. Iso supón unha transformación dos Entroidos e dos carnavais urbáns, todo o literal de Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña e Ferrol. O final ten unha influencia, esa urbanización, esa industrialización de toda esa contorna, na desarticulación do mundo rural. Iso tamén inflúe na conserva destas prácticas máis vinculadas a este mundo agrario.
Que factores fixeron que o Entroido sexa como é actualmente?
Hai múltiples factores, un é a diversidade cultural e xeográfica. En cada sitio de Europa, hai unha vinculación a cada determinado tipo de xeografía, máis de carácter montañoso. A emigración, movementos poboacionais, transformación social, urbanización, que Ourense sufriu de menor maneira. As provincias de costa a costa son moi permeables, con intercambios culturais, e o interior é menos permeable. Hai certas cousas que axudan a que se conserven aspectos que igual noutros sitios se perderon. Celebrábase antigamente en todas as parroquias. Foise perdendo nos últimos trinta anos e no interior nas últimas décadas fíxose un proceso de potenciación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último