Reapertura este verán da Casa da Lagoa de Sandiás
O centro interpretativo abrirá as súas portas de martes a domingo, en horario de 16,00 a 20,00 horas, ata finais do mes de setembro
O Concello de Sandiás anunciou que o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, coñecido como Casa da Lagoa, reabre as súas portas de xeito regular este verán.
O prezo da entrada establécese en 1 euro por persoa. As visitas ao espazo divulgativo lévanse a cabo na compañía do guía e historiador Álex de los Ríos.
Patrimonio etnográfico
A Casa da Lagoa agocha unha mostra que dá boa conta do patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. Grazas ao uso de imaxes, achados e pezas audiovisuais, faise un percorrido sobre distintos aspectos dos humidais naturais da Lagoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted sabemos de las fiestas solo por el tráfico?
ENTRE ALGODONES
Lamine Yamal: “No estoy para jugar un partido completo”