Os Reis Magos percorrerán 13 dos núcleos de Vilar de Santos

UNHA NOITE ESPECIAL

Os cativos do concello entregaron cartas pedindo ás Maxestades que pasaran pola súa aldea

Algunhas das decoracións do Nadal que locen este ano en Vilar de Santos. (Foto: Miguel Ángel)
Algunhas das decoracións do Nadal que locen este ano en Vilar de Santos. (Foto: Miguel Ángel)

O Concello de Vilar de Santos xa ten todo preparado de cara a vivir unha noite de Reis moi especial este vindeiro domingo, 5 de xaneiro, no que as súas maxestades de Oriente percorrerán diversas aldeas do municipio, co fin de compartir momentos inesquecibles cos veciños máis novos.

De feito, os cativos tiveron a oportunidade ata o 27 de decembro de escribir unha carta e pedirlle aos Reis Magos que os foran visitar ao seu núcleo, unha misiva que entregaron no buzón real ubicado na Casa do Concello vilasantesa, aproximadamente ás 18:30 horas.

Percorrido

Os Reis Magos iniciarán o seu desfile por Vilar de Santos dende o centro de día, en torno ás 16:00 horas, e posteriormente realizarán o seguinte percorrido polas distintas aldeas: Laioso (escola), Breixome, A Venda (parque), Toxediño (Pilón), Outeiro (Aira de Outeiro), Parada (Escaleiras da igrexa), O Vieiro (entrada da aldea), A Ponte o Mosqueiro (forno), Castelaus (fronte á carpintaría), Casas da Veiga (escola) e Barrio (forno).

A tarde rematará na Casa do Concello ás 18:30 horas, onde os Reis Magos compartirán os últimos momentos coa cativada.

Contenido patrocinado

stats