A Romaría da Saínza de Rairiz de Veiga estrea un festival musical para a xente nova
RAIRIZ DE VEIGA
O combate entre mouros e cristiáns segue a ser a estrela da Romaría da Saínza do concello de Rairiz de Veiga
O concello de Rairiz de Veiga xa conta os días para o inicio da Romaría da Saínza, que se celebrará os vindeiros 20, 21, 22 e 24 de setembro.
Contará cunha programación para tódolos públicos na que destaca o festival de música Saínza Soundscape, coa discoteca móbil EME Music e Carlos Magán, e que segundo a alcaldesa, Asunción Morgade, supón “un chisco á nosa xuventude”.
A Saínza é unha festividade coñecida sobre todo pola recreación do enfrontamento de mouros e cristiáns, unha das máis senlleiras da Limia “e de Ourense e Galicia, coa que se despiden as grandes festas do verán”, apunta Morgade.
Máis aló da batalla, a programación complétase con actuacións musicais de “orquestras de grandísimo nivel nacional”.
Morgade convida a todos a asistir á Romaría da Saínza, e lembra que “non hai mellor xeito de vivila que desfrutar do entorno natural que nos ofrece a Carballa da Rocha”.
Programación
A programación comeza o venres ás 13,00 horas coa descarga de bombas de palenque, e xogos populares pola tarde. Á noite, logo da actuación da Banda de Gaitas de Rairiz no Campo da Festa ás 22,00 horas, arrincará o primeiro festival Saínza Soundscape.
O sábado, ás 19,30 horas, terá lugar a procesión da Nosa Señora da Mercé. trala que actuará a orquestra Triunfo en dous pases. Ás 23,45 horas desfilará o exército cristián dende a capela da Saínza ata o campo de batalla. Á medianoite, os mouros protagonizarán o asalto ao Castelo. A noite rematará coa discoteca móbil Gramola ás 2:00 horas.
O domingo haberá unha alborada con Los Támega. Ás 11:30 horas, procesión dende a igrexa de Rairiz de Veiga ata o Castelo da Saínza, acompañada pola Banda de Gaitas de Rairiz. Ao remate, comezará a misa no campo de batalla para dar paso ao combate entre mouros e cristiáns ás 12,45 horas. Traña sesión vermú, ás 14,00 horas, á tarde a orquestra Olympus actuará ás 18,30 e ás 19,45 horas
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
A POR LA VICTORIA
España busca reconocerse en el Mundial de fútbol ante Arabia Saudí
PARTIDO ENTRE MARCAS
El Mundial donde la moda ganó el partido
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
En el amor