Unha ruta sensibilizará en Xinzo sobre o coidado do Limia
Para levar a cabo esta iniciativa contarase cun naturalista, que guiará a ruta interpretativa. O punto de encontro será o Parque do Toural -10,00 horas-.
O Concello de Xinzo, en colaboración con Cabreiroá, o Proxecto Libera e Ecoembes; promoverá este sábado, día 27 de novembro, unha ruta especial para sensibilizar medioambientalmente á poboación no coidado do río Limia.
Trátase dunha iniciativa que se está levando a cabo tamén noutros tramos que, como Xinzo de Limia, forman parte do Camiño de Santiago.
O obxectivo será que os participantes coñezan o entorno máis próximo, o seu potencial e riqueza paisaxística e, ao mesmo tempo, contribúan a liberar de “basuraleza” -residuos xerados polo ser humano e abandonados na natureza - as inmediacións do caudal que atravesa o núcleo urbano de Xinzo. Precisamente, todos eses residuos serán catalogados.
Para levar a cabo esta iniciativa contarase cun naturalista, que guiará a ruta interpretativa. O punto de encontro será o Parque do Toural -10,00 horas-.
O concelleiro de Servizos Públicos, Rafa Penabad, valorou moi positivamente esta iniciativa que promove a concienciación dos veciños sobre a importancia de manter libre de lixo o entorno nun concello con valiosos recursos naturais.
TRES HORAS DE DURACIÓN
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poderán solicitar información contactando cos números de teléfono 988 460 256 ou 988 550 507.
Segundo explicaron dende o Consistorio limiao, a actividade terá unha duración aproximada de tres horas, prolongándose dende as 10,00 horas, ata as 13,00 horas.
Por outro lado, as inscricións poderán realizarse nas oficinas do pavillón de deportes de Xinzo ou a través do código QR que figura no cartel da iniciativa e que se está a difundir polos perfís oficiais do Concello de Xinzo e pola propia vila limiá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra