QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O Concello de Sandiás implicarase na terceira etapa dos obradoiros de estimulación cognitiva, en colaboración coa Asociación de Alzheimer de Ourense. O obradoiro comezará o venres, 5 de abril, ás 16,00 horas no Local Social de Sandiás.
Os “Obradoiros de psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo” están destinados a persoas maiores válidas ou con deterioro cognitivo leve, e terán carácter gratuito.
Estes obradoiros son importantes xa que con eles trabállase a memoria, atención, linguaxe e fluidez de maneira activa. Os obxectivos do obradoiro van en liña de traballar o embellecemento activo. Trátase de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria e a atención para mellorar as mesmas.
As sesións son moi prácticas, duran noventa minutos e trabállase persoalmente e en equipo. Entre os tipos de actividades que se realizan, destacan a estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo, razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas.
Cos obradoiros aprovéitase para rachar coa soidade e crear tecido comunitario para compartir experiencias positivas e negativas e animarse mutuamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos