O día que tremeu a terra e calou a burga

RECUNCHO HEBDOMADARIO

Publicado: 02 nov 2026 - 02:10
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Aburga de Baños de Molgas é un lugar mítico en toda a xeografía da contorna. Nese recanto transcorreu boa parte da vida de moitos veciños e veciñas: nos paseos para ir buscar auga nos caldeiros, nas conversas que alí se mantiñan e nas historias que, xeración tras xeración, se foron transmitindo arredor dela.

E nin nas maiores secas que puido haber desde que o mundo é mundo deixou de manar a auga polo seu cano. Ata que...

E aquí recupero parte dun artigo que este mesmo xornal me publicara o 5 de marzo de 2018:

“Non todos saben que si houbo unha vez que secou. Foi o día 1 de novembro de 1755, cando, arredor das dez da mañá, durante uns sete ou oito minutos, houbo un tremor de terra nada menos que en Lisboa, que fixo tremer as casas e igrexas. Logo, inmediatamente, sucedeu outro que durou case un cuarto de hora e no que tamén os templos, as cruces, as casas e os terreos pareceron bailar ó son do terremoto. E contan as crónicas que en Baños de Molgas a burga parou de botar auga `por espazo de dous ou tres credos´ -entre minuto e medio e dous minutos, máis ou menos-. Despois empezou a manala da cor do aceiro, con demasiada abundancia e en cantidade superior á habitual, non só polo cano, senón tamén polo corpo da propia fonte. Semella que non volveu á normalidade ata pasadas vinte e catro horas. Tamén a zona do baño que estaba ó seu carón saía do seu estado natural: a auga levantábase en ondas, como o mar cando está embravecido, cando está picado. Ós habitantes da vila entroulles, como non podía ser doutro xeito, un chisco de temor e espanto. Nas dúas noites seguintes houbo máis réplicas, aínda que de menor intensidade, ata o punto de que algúns veciños xa nin se decataron delas”.

Nese recanto transcorreu boa parte da vida de moitos veciños e veciñas: nos paseos para ir buscar auga nos caldeiros, nas conversas que alí se mantiñan e nas historias que, xeración tras xeración, se foron transmitindo arredor dela.

O terremoto de Lisboa -que cumpriu onte 271 anos- foi un dos grandes desastres naturais da historia europea. O sismo, cuxo epicentro situouse no océano Atlántico, ó suroeste do cabo de San Vicente, sacudiu con enorme violencia a capital portuguesa e outras zonas do país. Moitos edificios derrubáronse e as rúas quedaron cubertas de entullos. Pouco despois, os incendios estendéronse pola cidade, agravando a destrución. E, como se non abondase, o mar retirouse e regresou en forma de enormes ondas: un tsunami que asolou as zonas costeiras e penetrou pola desembocadura do Texo. A catástrofe deixou entre 70.000 e 100.000 mortos.

Contenido patrocinado

stats