Sandiás aproba máis dun millón de euros para este ano 2024

CONCELLO

Na sesión tratouse o reparto da masa salarial do persoal laboral, que é dun total de 338.000 euros

La Torre de Sandiás domina el paisaje en este municipio limiano (ÓSCAR PINAL).
La Torre de Sandiás domina el paisaje en este municipio limiano (ÓSCAR PINAL).

O orzamento do Concello de Sandiás quedou definitivamente aprobado polo pleno para o exercicio económico 2024.

Para cumprir o que dispón o artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, publícase que o devandito orzamento ascende, tanto en gastos como en ingresos, á cantidade de 1.196.419,58 euros.

Na referida sesión, tamén se acordou aprobar o cadro de persoal, que de acordo co que preceptúa o artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, reprodúcese co orzamento municipal para o exercicio 2024 cos funcionarios do cadro de persoal e retribucións para o exercicio 2024.

A retribución do cadro de persoal comeza co secretario-interventor con 23.360,79 euros, o administrativo a 9.263,152 euros, o auxiliar administrativo a 6.914,66 euros e o operario de servizos múltiples de 8.610,98 euros. A masa salarial persoal laboral é de 338.020,58 euros.

O número de persoal laboral repártese en cinco auxiliares de axuda a domicilio, un mestre infantil, unha coidadora infantil, dous axentes de desenvolvemento local, un auxiliar de servizos varios, un secretario do xulgado de paz e unha traballadora social.

O réxime de indemnizacións aos membros da corporación por asistencia a actos dos órganos colexiados dos que formen parte, por cada asistencia efectiva a sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, devindicarase por cada membro da Corporación a cantidade de setenta euros.

A dedicación parcial do alcalde da retribución bruta anual é de 16.587,65 euros e a dedicación parcial do concelleiro para asuntos de Cultura, Educación, Comunicación e Patrimonio é de 4.079,96 euros.

Contenido patrocinado

stats