Sandías promove a limpeza das fincas en todas as aldeas
LIMPIEZA URBANA
A Brigada de Limpeza de Apol e o Obradoiro de Emprego Peregrino fixeron o mantemento de zonas axardinadas de Sandiás
O Concello de Sandiás está a contar cunhas actuacións da Brigada de Limpeza de Aprol e do “Obradoiro de Emprego Peregrino”, no interior dos núcleos de poboación.
A Brigada de Limpeza de Aprol e do Obradoiro de Emprego comezaron a traballar a finais do mes de maio. A brigada de limpeza polas aldeas dos núcleos de poboación do concello. Unha delas en base ás subvencións concedidas por Aprol formada por tres persoas (fomento do empleo no medio rural).
Adicados especialmente á limpeza de beirarúas, cunetas e outros espazos públicos no interior das aldeas. Veñen traballado na aldea de Sandiás, ao carón da entrada da igrexa de Santo Estevo, na estrada secundaria en dirección a aldea das Pegas, Cerredelo, A Fontela, Piñeira de Arcos, Camiño depuradora Vilariño das Poldras, Ermida de San Bieito, Coalloso, Santa Ana, A Chousela, Zadagós, A Corga, Ladeira, Cardeita. Así sucesivamente ata completar todos os núcleos de poboación.
Tamén estiveron realizando labores de limpeza e mantemento de zonas axardinadas e limpeza en zonas urbanas o “Obradoiro de Emprego Peregrino” posto en marcha en colaboración co Concello de Xinzo de Limia.
Limpeza da contorna
Tamén tivo lugar a limpeza da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas. Respecto a limpeza na contorna das vivendas, o Concello de Sandiás lembra que a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros.
A Lei de Incendios obriga aos propietarios á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros ao redor de chan urbano, núcleo rural, edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións.
O Concello de Sandiás agradece o traballo feito ao longo destes meses no interior dos núcleos de poboación. Con anterioridade xa informaron da limpeza e roza co tractor desbrozadora e da posta a punto das áreas recreativas. O concello explica que queda por informar do traballo que se está a realizar nos múltiples camiños e corredoiras por parte da Brigada de Prevención e defensa contra incendios forestais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio