NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
HOMENAXE
Vilar de Barrio acolle mañá unha xornada de memoria democrática e de homenaxe ás vítimas da represión franquista na localidade.
Ás 11:00 horas, o pleno municipal aprobará o nomeamento da sala polivalente do Concello como “Sala polivalente Alcalde Manuel Gómez Portela. Último Alcalde da República”, e posteriormente terá lugar un acto de homenaxe co descubrimento da placa. Deste xeito, a sala pasará a estar dedicada á figura do mestre canteiro barriés, detido e apresado no verán de 1936.
Posteriormente levarase a cabo a presentación do “Plan cuatrienal de exhumacións en Galicia 2021-2024”, a cargo do médico e antropólogo forense, afincado en Verín, Fernando Serrulla Rech, do Instituto de Medicina Legal de Galicia, que fará un resumo das últimas actuacións neste ámbito.
Por último está previsto que o doutor Xulio Prada Rodríguez, catedrático de Historia Contemporánea e decano da Facultade de Historida da Universidade de Vigo presente a súaponencia “A represión nos tramos orientais do ferrocarril. Algunhas variables explicativas”.
O pasado novembro recuperouse a lápida de Gómez Portela no camposanto local, no marco do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, xa que con anterioridade o seu sartego de pedra non tiña nome.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
300.000 MILLONES DE EUROS
Amancio Ortega, su hija Sandra, Juan Roig y Juan Carlos Escotet, los más ricos de España, según Forbes