QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
A LIMIA
Frear o devalo demográfico que sofre actualmente o municipio de Vilar de Barrio que, na actualidade, conta con algo máis de 1.300 habitantes -dos que case o 60 por cento teñen máis de 55 anos- é unha das principais preocupacións do novo goberno nacionalista que encabeza Manuel Conde. Por este motivo, o Concello está a explorar novas vías que axuden a paliar esta situación e que pasarían por poñer en valor os recursos naturais e turísticos da contorna, ao tempo que se fomenta a vida sana.
"Traballamos en converter Vilar de Barrio nun lugar atractivo para vivir, promovendo hábitos de vida saudables, actividades deportivas para todos os públicos e servizos de conciliación familiar", explicou Manuel Conde, alcalde do municipio."Pero tamén queremos dirixirnos aos nosos maiores, aos que coñeceron outros tempos, e construir con eles un futuro para que os seus fillos e netos non teñan que emigrar", engadiu.
Como primeiro punto de partida e aproveitando o periodo estival e a presenza de visitantes no municipio, levaranse a cabo varias actividades coa Serra de San Mamede como motivo central. Do 29 de xullo ao 1 de agosto realizaranse obradoiros da memoria; o 9 de agosto haberá unha andaina nocturna ata a capela de San Mamede e o 15 de agosto unha xornada que incluirá rutas de sendeirismo, unha BTT e talleres de educación ambiental.
O obxectivo é abrir San Mamede a outras posibilidades que non se limiten a actividades vinculadas ao sector primario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
REDUCCIÓN Y RECONFIGURACIÓN
La resistencia de las academias de Ourense en verano: sobrevivir gracias a la enseñanza de inglés y gallego
OFERTA DIVERSIFICADA
Las academias de Ourense se reinventan tras el fin de los exámenes de septiembre