O Viso prepara, tras o "éxito" deste ano, as III Olimpíadas Rurais
A segunda edición celebrouse con un elevado número de participantes
O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso fai balance da celebración da segunda edición das Olimpíadas Rurais Interpobos, celebradas o primeiro fin de semana de setembro no parque do Toural de Xinzo de Limia. “A pesar do día e da choiva, vivimos unha xornada de xogo, convivencia, competición e comunidade que bateu récords de participación”, explican dende a entidade.
Esta cita, organizada polo CDR O Viso en colaboración co colectivo RAS, a actividade enmarcouse no Programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que se realizou co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.
Esta segunda edición celebrouse con máis participantes que a anterior, un total de 12 equipos que viñeron de diferentes municipios da comarca de A Limia para competir entre eles, pero co obxectivo principal de “convivir, constatando a consideración, o entusiasmo, a militancia que compromete e que se vive no rural limiao”, din dende a organización.
Ante a gran acollida, dende o CDR O Viso xa están a preparar as III Olimpíadas Rurais, tras o “orgullo e gratitude que sentimos nesta segunda edición, pois a resposta dos veciños que se achegaron ao Toural, para competir, ver e compartir foi moi boa, tendo en conta o mal tempo que facía”, sinala a entidade rural, sen esquecerse de agradecer “a colaboración dos clubes, entidades e negocios locais do ámbito do deporte”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria