NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso retoma, coincidindo co inicio do curso, o seu proxecto de Educación Infantil Familiar na Limia, un servizo socioeducativo e de apoio ás familias da contorna.
Este proxecto, matizan dende o CDR, consiste nunha serie de encontros semanais ou quincenais que teñen como obxectivo principal contribuír a potenciar “unha parentalidade positiva”. Nestes puntos de encontro participan familias, crianzas e unha profesional do Centro de Desenvolvemento Rural: Unha persoa educadora, animadora, mediadora de interaccións entre adultos e nenos e promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
Dende o CDR aseguran que é importante concienciarse sobre o papel que xoga a familia á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento dos nenos, polo que faise necesario “reforzar ou modificar actitudes, crenzas e prácticas de crianza”. Do mesmo xeito, preténsese implementar na sociedade “unha cultura da Educación Infantil Familiar” e desenvolver a cultura e a lingua galega.
Este proxecto, que se desenvolverá ao longo do curso en diferentes concellos da Comarca da Limia, está dirixido a familias con nenos e nenas de entre cero e seis anos de idade. Para obter máis información pódese acudir á Rúa Ladeira 21, Xinzo de Limia; contactar no teléfono 988461571 ou a través do correo: eifoviso@gmail.com, así como nas redes sociais do CDR.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
AHORA SÍ HABLA DE PUENTE
Sánchez respalda a Puente por "dar la cara" y dimitir "por las víctimas": "Dignifica nuestro país"
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de noviembre
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?