QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso xa ten todo listo para a celebración da segunda edición das Olimpíadas Rurais Interpobos, tras o éxito da primeira edición. Celebraranse este sábado na Alameda do Toural en Xinzo de Limia, a capital comarcal. Espéranse numerosos participantes e tamén espectadores.
“Agárdase que esta nova edición supere amplamente á do ano anterior en número de participantes posto que, a falta duns días, contamos xa con 12 equipos inscritos”, explica Borja Rubén, o presidente do colectivo RAS que colabora co CDR O Viso na organización da xornada. Esta cifra xa sobrepasa ás últimas Olimpíadas, nas que participaron oito grupos.
As probas, nas que os participantes deberán mediar as súas forzas e destrezas, van dende retos individuais como os lanzamentos ou a loita galega, ata probas que implicarán ao grupo completo, como as carreiras de relevos ou o campionato de brilé. Nesta edición, ademais de incorporar a proba estrela do pasado ano, o lanzamento de pataca, tamén se contará “cos vintos a modo de exhibición, para que os asistentes descubran e aprendan sobre este xogo popular en toda Galicia e con especial arraigo nas aldeas da Raia”, explican dende a organización.
Ademais, esta nova edición das Olimpíadas Rurais contarán con numerosos premios e, ao longo da xornada, realizaranse diversos sorteos nos que se rifará gran cantidade de material de establecementos relacionados co deporte e o social. “Contamos con un considerable número de colaboradores, que supera con creces ó da pasada edición, arredor duns cinco negocios, oito clubs e entidades sociais da comarca”, anotan dende o CDR O Viso, animando aos veciños de toda a comarca a participar nestas divertidas actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?