Xinzo Adiante califica o asfaltado de varias rúas como ‘lamentable'
As obras tiñan por obxecto asfaltar as rúas Río Sil, Camiño da Roda, a explanada do pavillón e máis o acceso a Gudes.
O grupo municipal Xinzo Adiante denuncia o estado no que quedaron varias rúas da vila despois das obras de asfaltado ás que foron sometidas. Estes traballos foron adxudicados polo Concello a unha empresa por valor de 70.000 euros. As obras tiñan por obxecto asfaltar as rúas Río Sil, Camiño da Roda, a explanada do pavillón e máis o acceso a Gudes.
O resultado, segundo este grupo da oposición municipal, é "lamentable" e considera que "nalgún caso aínda están peor ca antes", pois prodúcense derrapes constantes de coches e "unha puxeira insoportable para os viandantes". Pon como exemplo a Rúa do Rio Sil, "que soporta un tráfico diario considerable e cuxos veciños e peóns se ven envoltos nunha nube de po contante por mor do estado no que quedou a vía".
Asegura Xinzo Adiante que algunhas das rúas implicadas son altamente transitadas polos veciños e co fin de solucionar esta situación, instan ao Goberno local a requerirlle á empresa adxudicataria que proceda a refacer correctamente as obras.Considera Xinzo Adiante que o ocurrido "é un exemplo" do estado de abandono que sufre o barrio do Polígono", no que faltan semáforos, pasos de peóns ou accesos ás beirarrúas para persoas con discapacidade, mentres que moitas rúas aínda teñen o asfalto que se lles botou cando as urbanizaron hai décadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Cinturón de castidad
Fernando Jáuregui
Tenemos un Gobierno extraño
SEMANA SANTA LOCAL
Aurelio Blanco recordó otras semanas santas en su pregón