NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
O Concello de Xinzo investirá próximamente unha partida de 50.000 euros no arranxo de cinco pistas -uns tres quilómetros de superficie- que se atopan moi deterioradas. As obras centraranse, concretamente, na vila -entorno de A Moreira, onde se acondicionarán dous viais, e da Estación Depuradora de Augas Residuais- e nos núcleos rurais de Trandeiras e Solveira.
No caso da EDAR, os operarios aproveitarán para realizar unha limpeza de cunetas e para reparar toda a calzada, tal e como adiantaron dende o Consistorio.
Por outro lado, en Trandeiras -neste caso a pista que se reparará ubícase na entrada do núcleo dende a estrada OU-0110- ademais da limpeza mecánica de cunetas acometerase o bacheo do firme que se cubirá con dobre capa de rego asfáltico. Neste senso, unha reparación similar executarase no vial de Solveira que comunica con Trandeiras. Esta última será a superficie máis extensa na que se traballará, uns 1.105 metros.
Especialmente urxente é a adecuación das pistas de A Moreira, cedidas ao Concello de Xinzo logo da concentración parcelaria. Actualmente, a capa de rodadura destes puntos está moi deteriorada e presenta unha grande cantidade de fochancas. O terreo de A Moreira afectado polas obras será de preto dun quilómetro, mentres que en Trandeiras e nas inmediacións da EDAR, a actuación levarase a cabo en medio quilómetro de pistas en cada caso, aproximadamente.
O concelleiro de Urbanismo de Xinzo de Limia, Ramón Gómez Salgado, destacou que se trata de “actuacións consensuadas froito de diversas reunións cos veciños das diversas zonas e sempre baseadas en estados de necesidade urxente”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos