Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Este sábado, día 1 de xuño, dende ás 11,30 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Xinzo de Limia, terá lugar o acto de entrega do nomeamento como fillo adoptivo do municipio a Gonzalo Iglesias Sueiro, recoñecido mestre e pedagogo, pensador e columnista de opinión, así como histórico político ourensán.
A designación como fillo adoptivo foi aprobada por unanimidade no plenario de Xinzo de Limia do 19 de abril pasado. Gonzalo Iglesias Sueiro é veciño de Xinzo de Limia dende o ano 1975, onde viviu os intres máis transcendentais da vila nos últimos anos.
Nesta vila exerceu, no campo da educación, unha notable e importantísima laboura, durante moitos anos, como mestre e pedagogo no Colexio Público (hoxe CEIP) “Rosalía de Castro” desta localidade.
Entre o ano 1983 e o 1999 foi director do devandito centro escolar. Posteriormente sería profesor de Matemáticas no IES “Lagoa de Antela”, un dos dous centros de Secundaria e Bacharelato sitos neste concello. Foi diputado provincial en representación do PSde G-PSOE dende 1995 a 2005, sendo voceiro do grupo entre o ano 2001 e 2003.
É salientable a súa inmensa tarefa como delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dende agosto do 2005 a abril do 2009. Foi tamén concelleiro e, dous anos, alcalde do Concello de Xinzo de Limia.
Persoa de gran cultura e coñecemento das claves xeopolíticas mundiais e viaxeiro incansable, é un claro exponente de fidelidade aos seus principios, defensor da libertade e dos dereitos humanos, divulgador de pensamento, en especial nos seus artigos de opinión no xornal La Región.
O Concello fai un chamado para acompañar ao homenaxeado e ter a oportunidade de amosar o seu cariño e agradecemento a un dos máis insignes mestres da provincia, pola súa xenerosidade, entrega e servizo á colectividade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio
HISTÓRICO ASCENSO
El Antela sigue de fiesta tras el ascenso a Tercera Federación
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A noite da tradición