Xinzo cifra en 43.000 os asistentes a feiras e festas
Os caixeiros quedaron sen efectivoe as tendas incrementaron as vendas
O Concello de Xinzo fala dun verán, en xeral, e dun mes de agosto, en particular, con cifras “históricas” de asistencia aos diferentes eventos programados. Concretamente, dende o Consistorio cifran en 43.000 as persoas movilizadas para o Esquecemento, a Feira do Comercio Local de Prolimia e Alimagro, o último gran evento do verán que tivo lugar a pasada fin de semana no pavillón de deportes.
Segundo datos aportados dende a administración local e achegados pola organización, a Feira da Pataca e da Maquinaria Agrícola recibiu nos seus tres días de duración a 17.000 persoas. Neste senso, estímase que unhas 2.000 degustaron a tortilla xigante de pataca elaborada para a ocasión.
Por outro lado, o Esquecemento, que tamén tivo lugar en agosto, logrou reunir, segundo Civitas Limicorum -entidade organizadora-, a outras 20.000 persoas ao longo da penúltima fin de semana de agosto. Para derradeira reservábase a Feira do Comercio Local de Prolimia que, sempre segundo o Concello, movilizou no pavillón de deportes ao redor de 6.000 persoas.
MEDIDAS
Para favorecer o tránsito de veciños e visitantes, o Concello de Xinzo adoptou a decisión de restrinxir o acceso de coches ás rúas do casco vello durante as fins de semana, unha medida segundo o Consistorio “aplaudida pola hostalaría e que amosou unha imaxe distinta do corazón da vila como espazo para o paseo e o terraceo, incrementando de forma notable o ambiente”. Neste senso, engaden que moitos hostaleiros consultados notaron máis movemento neste periodo que no mesmo antes da pandemia. Do mesmo xeito, aseguran que as sucursais bancarias quedaron sen efectivo durante a fin de semana do Esquecemento e que as ventas nos supermercados da vila incrementáronse tamén nun 20 por cento con respecto ao 2019.
VALORACIÓN DO INORDE
Sobre a Feira da Pataca e da Maquinaria Agrícola tamén quixo facer o Inorde, unha das entidades impulsoras, o seu balance. Así, matizan que a asistencia de público “foi continuada durante as tres xornadas, apreciándose no estand do Centro Agrogandeiro ese fluxo de persoas de ao redor das 2.000 ao longo dos tres días”. O Inorde impulsou unha xornada “centrada na relación da contaminación por nitratos na Limia”.
Por outra banda e pensando nos máis pequenos que visitarían a feira, instaláronse lupas e microscopios cos que poder observar os patóxenos que afectan as patacas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último