Xinzo despide o ano co pleno para aprobar os orzamentos
Dende o Consistorio adiantaron a contía final: 8.053.00 euros, no apartado de gastos -onde se contemplan no capítulo de persoal 4.339.467 euros, un 53,88 por cento do total, e un gasto corrente de 2.738.039 euros, o 34 por cento do total-.
Os concelleiros limiaos celebrarán hoxe martes, a partir das 09,00 horas, o último pleno do ano e un dos máis importantes, pois nel someteranse a aprobación os orzamentos para traballar durante o vindeiro exercicio económico de 2023.
Dende o Consistorio adiantaron a contía final: 8.053.00 euros, no apartado de gastos -onde se contemplan no capítulo de persoal 4.339.467 euros, un 53,88 por cento do total, e un gasto corrente de 2.738.039 euros, o 34 por cento do total-. No tocante aos ingresos, a previsión é de 8.111.777 euros. Mantense vixente a obligatoriedade de reducir un dous por cento os gastos por mor do plan de axuste.
Por outro lado, na sesión plenaria nomearase, a título póstumo, a Ramón de la Fuente Galván como fillo predilecto de Xinzo pola súa traxectoria e dedicación ao concello, tanto na súa faceta profesional como médico como na súa actividade política.
Na orde do día tamén se inclúe a ratificación da terceira adenda modificativa do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo de Limia para as actuacións das infraestruturas hidráulicas asociadas ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras.
No apartado de mocións, o goberno local proporá unha serie de demandas para mellorar a atención sanitaria en Xinzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno
CONCENTRACIÓN DE PROTESTA
La moción en Lugo provoca un rifirrafe en el Parlamento de Galicia