Xinzo estrea o mercado de economía solidaria
CONSUMO SOSTENIBLE
A iniciativa de A Limia inclúe máis de vinte postos de produtos e servizos sostibles
Xinzo de Limia acollerá por primeira vez o Mercado da Economía Social e Solidaria, unha feira que promete ser un punto de encontro para proxectos e iniciativas alternativas á economía menos comprometida.
O evento, que se celebrará o vindeiro 27 de outubro na Praza Carlos Casares, diante da Casa da Cultura, terá lugar de 11,00 a 19,30 horas, e contará con máis de 20 postos de produtos e servizos de proximidade e sostibles.
Este primeiro Mercado da Economía Social abordará diferentes sectores, incluíndo a agroecoloxía, produtos locais, enerxías renovables, economía circular, vivenda colaborativa e economía dos coidados. Desde a organización engaden que o obxectivo principal é dar visibilidade a proxectos que poñan ás persoas e o medio ambiente no centro, creando alternativas ao modelo de consumo tradicional. A programación tamén inclúe unha ampla oferta de actividades lúdicas e culturais para todas as idades, facendo desta unha xornada aberta e atractiva para crianzas e adultos.
O día comezará ás 11,45 horas coa presentación do libro “Pragas e Doenzas” de Rosendo Luis Estévez, seguida da proxección da curta Os Pousos do Café, acompañada dun café ás 12,30 horas.
Ás 13:00, Raquel Queizás ofrecerá o espectáculo de narración oral “A Maleta da Avoa”, dirixido ao público familiar. Pola tarde, a actividade retomará ás 16,00 horas con un café-encontro titulado A Cultura Comunitaria como Resistencia, no que se debaterá sobre a importancia do coidado do territorio a través da cultura. Ademais, pola tarde haberá un espazo para as crianzas con xogos artesanais da cooperativa galega Miudiño.
A partir das 18,00 horas, terá lugar unha cata de chocolates de comercio xusto, e xa ás 19,30 horas, o concerto de Cé Orquestra Pantasma pechará esta primeira edición da feira, organizada pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS) e promovida polo Concello de Xinzo de Limia e a Rede Eusumo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
PLAYA DE L'ARRABASSADA
Dos menores mueren ahogados en una zona de rocas en Tarragona
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega