Xinzo fomenta a lingua galega coas tecnoloxías

LENGUA GALLEGA EN LA RED

A campaña de doazón de voz quere impulsar o galego no eido dixital

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, en Xinzo de Limia.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, en Xinzo de Limia.

Xinzo de Limia conta cunha campaña de doazón de voz posta en marcha no marco do Proxecto Nós, a iniciativa da Xunta, en colaboración coa Universidade de Santiago, para impulsar a incorporación do galego no eido dixital.

No portal do Proxecto Nós xa se pode experimentar de maneira libre con tres aplicacións baseadas en redes neuronais artificiais desenvolvidas en fase de demostración: unha ferramenta que permite a conversión de texto a voz, o primeiro tradutor neuronal feito en Galicia e un sistema de recoñecemento da fala.

É para este último recurso, que permitirá que calquera máquina recoñeza a voz dunha persoa cando se dirixa oralmente a ela en galego, polo que se pon en marcha esta campaña presentada onte. Deste xeito, a plataforma Common Voice, a través da que se desenvolve a iniciativa da recollida de voces, conta con 700.000 frases en galego (agárdase que se supere o millón nos vindeiros meses) que precisan ser lidas, co obxectivo de acadar as 1.000 horas de gravación.

Ademais, nas vindeiras semanas, tal como se vén de anunciar no Consello da Xunta, poranse en marcha dous proxectos piloto. Un ten que ver con melloras no tradutor Gaio e outro coa integración dunha voz feminina que posibilite a escoita en galego de todo o contido da web institucional.

Contenido patrocinado

stats