AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
HOMENAXE
O pobo de Xinzo rendiu homenaxe onte a unha das persoas máis queridas no municipio e que faleceu no presente ano 2017. Manuel Rudesindo Cuquejo, máis coñecido como "Manolo Siete Machos", presidente da asociación de discapacitados da capital comarcal e tamén do clube de veteranos do Antela Fútbol Club, foi recordado nun partido benéfico que enfrontou á Selección Provincial de Curas cunha formación dos veteranos branquinegros no campo de A Moreira.
O evento de homenaxe comezou pasadas as 18,00 horas da tarde. Unha agrupación de gaiteiros de Xinzo de Limia fixo soar o himno galego antes do encontro ao que asistiron centenares de veciños e tamén membros da corporación municipal, encabezada polo alcalde de Xinzo, Antonio Pérez. Toño Nóvoa, un amigo próximo Manuel, procedeu á lectura dunha emotiva carta antes de entregarlle un ramo de flores á irmá e á sobriña do falecido.
Luis Miguel Gil, concelleiro de Cultura e Deportes, dixo de Manuel que era "unha persoa moi querida que sempre estaba de bo humor e pola que tiña un cariño moi especial".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
256 PLAZAS EN JUEGO
Más de 16.000 opositores buscan una plaza de empleo público este fin de semana
NUEVO FELINO NUNCA VISTO
Vídeo | Descubren en Bolivia el tilcayo, una nueva especie de gato salvaje, tras más de un siglo
ARRANCA LA TEMPORADA
El Balonmano Ribeiro alza el telón