QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
GASTRONOMÍA
A segunda edición das Tapiñas do Concello de Xinzo de Limia vaise por en marcha, organizada pola Asociación de Hostaleiros da Limia (AHL), tras acadar un gran éxito con esta primeira experiencia.
Na anterior edición, que arrancaba o xa pasado 27 de abril, onde participaron 13 locais do Concello de Xinzo de Limia, repartíronse máis de 600 cartóns de participación entre os clientes dos establecementos e déronse máis de 3.000 pinchos ó longo do mes entre todos os locais participantes.
Os xoves estanse convertendo nun dos días máis esperados para a veciñanza do Concello. Nesta segunda edición inscribiránse tres novos establecementos: Bar 5 Rutas, Tivoli e La Paloma, converténdose así nun total de 16 establecementos participantes.
Sen dúbida e como esperaban os hostaleiros da Asociación, a resposta dos veciños desta iniciativa tivo unha gran acollida e polo tanto, co gallo de incentivar de novo á participación, sortearase un vale de 200 euros para compra no comercio local.
As bases seguirán sendo as mesas que na anterior edición, onde as tapiñas terán un custe de 2 euros por unidade, sendo os xoves, dende o 6 ó 27 de xuño, de 19,00 horas a 22,30 horas, o horario no que se elaboren as tapas.
De novo, os cartóns serán recollidos polos propios establecementos e sortearase o premio unha vez finalice a edición en curso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
CONCERTOS DO XACOBEO 2026
Dos días con la mejor música gallega en A Rúa
MÁS DE 40 BODEGAS
Vilamartín de Valdeorras vuelve a brindar entre covas su fiesta esperada
Jorge Vázquez
El derecho a aburrise