Xinzo ultima a apertura do albergue de peregrinos
CAMINO DE SANTIAGO
Ata agora, os peregrinos que se acercan á zona son desviados ás instalacións que se encontran situadas en Sandiás e Vila de Rei
O concelleiro de Obras, Urbanismo e Infraestruturas de Xinzo de Limia, Manuel López Casas, informa da inmediata posta en marcha do albergue de peregrinos da vila. O Concello cederalle o edificio a Turismo de Galicia quen, a través de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, fará unha subcontratación a unha empresa de servizos. Actualmente o organismo da Xunta conta coa administración de 42 albergues da rede pública e dos catro centros de interpretación do Camiño de Santiago.
O concelleiro, Manuel López Casas, asegura que se ven de "firmar un convenio coa Xunta de Galicia para que esta faga a explotación" e que o pasado mércores, 14 de decembro, achegáronse a revisar o complexo representantes do Xacobeo. Porén a xestión non se fará efectiva ata que se rematen os asuntos relacionados cos equipamentos e subministracións. Manuel López Casas, afirma que quedan por tramitar "o boletín de enganche da luz, o contrato de auga e máis o do gas".
O albergue de peregrinos construiuse a partir da adaptación de tres casas da Rúa Serra San Mamede número 2. Esta rehabilitación levouse a cabo polo Concello de Xinzo de Limia, quen contou cunha subvención para tal fin. Aínda que as obras remataron hai xa un ano, a cesión do edificio vense demorando, á espera de que se faga cargo del o Xacobeo, e os peregrinos que se acercan á zona son desviados ás instalacións que se encontran situadas en Sandiás e Vila de Rei, esta última no concello de Trasmiras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz