"Deuses de pedra", quince anos de rodaxe na Raia
SECCIÓN OFICIAL DO OUFF
A primeira longametraxe do director ourensán Iván Castiñeiras compite na sección oficial do OUFF
O cineasta ourensán Iván Castiñeiras presentou onte en rolda de prensa o seu filme “Deuses de pedra”, situada dentro da Sección Oficial do OUFF . A obra, estreada no prestixioso festival de Rotterdam, é a primeira longametraxe do autor, habitual como director de fotografía noutros traballos.
A rodaxe de “Deuses de pedra” durou quince anos. A protagonista deste documental, Mariana, comeza a metraxe sendo unha nena e a remata cumprindo a maioría de idade.
A historia do filme sitúase entre dúas aldeas da Raia, a fronteira entre Galicia e Portugal, zona na que naceu o director. Castiñeiras salientou que a actividade do contrabando foi o xermolo da obra. “Este filme foi unha forma de entender as miñas raíces. Empecei a investigar sobre os costumes do lugar e o contrabando e ata descubrín que persoas da miña familia se dedicaron a iso”, comentou.
“Deuses de pedra” tamén reflexiona sobre a realidade actual do rural en ambos países. “Entre Portugal e Galicia hai diferencias e ás veces non as hai. A fronteira é permeable, pero o deterioro rural é maior no lado galego. No portugués existe máis vida social. Especulo que, debido a ter máis precariedade, a xente non puido irse. Onde en Galicia vexo soamente a xente maior, en Portugal existen varias xeracións”, sinalou Castiñeiras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"SE LO COMIERON ENTERO"
Un ternero muerto por el ataque de un lobo en una explotación ganadera de Castromil
DESCONCIERTO GENERAL
Un lobo "pasea a sus anchas" por A Mezquita: "La gente está flipando"
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales