CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
LIBROS E CINEMA
A actriz gañadora dun Goya Ruth Gabriel presentou “Mujeres de cine” dentro da programación de encontros literarios do OUFF. A obra rescata a historia e o legado de 30 actrices clásicas do cinema español nacidas entre 1900 e 1965. O libro conxuga relatos inéditos e ilustracións de Vanessa Santos “Fraules” para reivindicar a voz e a presenza a figuras do talle de Carmen Sevilla, Verónica Forqué ou Emma Penella.
Gabriel definiu o seu libro nunha presentación ateigada de xente como unha homenaxe ás grandes referentes femininas da interpretación en España: “30 mulleres que foron, sen dúbida, as influencers da súa época”, sinalou.
Tamén confesou que, inicialmente, estivo a piques de rexeitar o encargo por mor do chamado “síndrome do impostor”. Este sentimento foi amplificado pola súa propia bagaxe familiar, xa que é filla da gran referente da literatura española Ana Rossetti. “Sei cando alguén non escribe ben”, recoñeceu entre risas. Repensou a decisión polo impacto emocional que lle provocaron as ilustracións: “Dixen que non nun primeiro intre, pero me deu moitísima rabia pensar que isto ía estar asinado por outra. Rematou sendo un agasallo marabilloso”, celebrou Gabriel.
A autora puxo o foco na importancia das protagonistas do libro. “Hai actrices que, sen dúbida, me emocionan. Investigar sobre a súa vida foi terapéutico. Como chegaron a ser actrices malia o seu contexto, que moitas veces non foi nada sinxelo. Por exemplo, Marisa Paredes tivo que facer folga de fame durante 15 días”, lamentou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
POLÉMICA FIESTA
Sortean entradas para el tardeo en el jardín de As Burgas
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños