DESCONCIERTO GENERAL
Un lobo "pasea a sus anchas" por A Mezquita: "La gente está flipando"
PATRIMONIO CULTURAL
Esta semana, San Xoán de Río convértese nun dos focos europeos do coñecemento histórico, arqueolóxico e patrimonial. Hoxe celébrase aquí o Congreso Internacional sobre Xestión Creativa e Posta en Valor do Patrimonio Cultural, un evento que reúne a algúns dos maiores expertos europeos no marco do proxecto European Celtic Roots.
Durante toda a xornada, arqueólogos, antropólogos, museólogos e historiadores compartirán reflexións sobre como xestionar e poñer en valor de maneira creativa o riquísimo patrimonio natural e cultural dos pequenos concellos. San Xoán de Río serve como caso exemplar grazas a elementos como os seus castros e a misteriosa Espada de Mouruás, unha xoia do Bronce Final descuberta na zona.
O programa comeza ás 10,00 horas coa recepción dos participantes no salón de plenos do Concello. Seguido dunha visita de estudo ás Escadas do Penedo da Moura, en Mouruás, un espazo arqueolóxico de gran valor simbólico. Pola tarde, o mesmo salón de plenos acolle as conferencias e relatorios principais, nos que se debaten temas como a creación de redes de vilas de aprendizaxe, o uso do patrimonio como recurso educativo e turístico ou a posta en valor dixital de elementos históricos pouco coñecidos.
“Este encontro é moito máis ca un evento académico. É un verdadeiro think tank rural onde cidadanía e especialistas se dan a man para construír, de maneira conxunta, estratexias sostibles que impulsen o desenvolvemento local a través da cultura”, declarou o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.
No marco da celebración do Día Internacional do Libro, o evento tamén inclúe a inauguración da Biblioteca Itinerante Río-Sabrosa e o seu Fondo Celta-Castrexo, un proxecto innovador que combina tradición, tecnoloxía e sostibilidade para achegar a cultura ás aldeas.
O congreso pecha ás 18,45 horas cunha mesa redonda aberta ao público titulada “Encontros entre Cidadáns e Expertos para a Xestión Creativa do Patrimonio de San Xoán de Río”, para fomentar o diálogo entre a veciñanza e a comunidade científica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCONCIERTO GENERAL
Un lobo "pasea a sus anchas" por A Mezquita: "La gente está flipando"
PROPUESTA LÚDICA Y EDUCATIVA
A Mezquita oferta conciliación familiar durante Semana Santa
Lo último
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
EVACUACIÓN MILITAR ESPAÑOLA
Llegan a España más de 200 militares evacuados de Irak por la guerra en Irán