ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
"GALEGO PARA ABRIRMUNDOS"
O actor galego Avelino González visitou o IES Xermán Ancochea de Trives para presentar o seu espectáculo “Galego para Abrirmundos”, unha proposta a medio camiño entre conferencia e espectáculo, centrada na reflexión sobre a lingua galega.
A actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro e subvencionada pola Secretaría Xeral da Lingua, reuniu no salón de actos do instituto ao alumnado en dúas quendas: unha dirixida a ESO e outra para o alumnado de Bacharelato.
Durante a sesión, o actor propuxo un encontro dinámico, con exemplos próximos á realidade da xente nova, con referencias culturais, mesturando preguntas e humor arredor das linguas e do valor do galego. A través dunha fórmula participativa, o actor convidou á rapazada a intervir e compartir impresións ao longo da actividade, reflexionando sobre a importancia do galego como ferramenta de comunicación e identidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
XORNADAS DE FOLCLORE
Seis países toman el oriente provincial al ritmo del folclore en Trives y Viana
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro