CULTURA EN TRIVES
Naturaleza y memoria se citan en el IES trivés
A CARNICERÍA
Era tarde de sábado, e aínda que con o outono enriba, a boa temperatura fixo unha xornada aínda máis agradable. Ao patio de Santa Leonor en Trives ían chegando pouco a pouco con timidez, curiosos, os vecinos. A actividade, organizada pola Asociación A Caniceira, levaba meses agardando o seu momento. Tiña que terse celebrado no Entroido de verán, pero o calor abafante fixo adiala ata outubro, cando xa só quedan os do pobo, sen veraneantes nin equipos doutros concellos. E, malia iso, preto dunha vintena de participantes animáronse a probar sorte co que moitos consideran o auténtico deporte nacional de Galicia.
A billarda, un xogo tan sinxelo como apaixonante, consiste en golpear cun pau longo —o palán— outro máis pequeno e afiado —a billarda— para facela voar o máis lonxe posible, intentando achegarse a unha meta marcada no campo. Gaña quen, a base de golpes, aire e puntería, chega máis preto da portería.
Desde A Caniceira explican que contan sempre coa axuda incondicional de José Luis Álvarez, o verdadeiro alma da billarda en Trives. “É quen trae todo o material, organiza as partidas e mesmo os premios. Faino todo de maneira altruísta. É un auténtico motor desta actividade”, comentan agradecidos desde a asociación. E así, entre explicacións e probas, o campo encheuse de vida. José Luis apareceu cun feixe de paláns e billardas e cada un íase achegando a coller os que máis lle gustaban coa idea de elexir a billarda que máis lonxe chegase.
Billardas que voaban, risas que se mesturaban co son seco do pau contra a madeira, e esa emoción infantil na faciana dos máis grandes de ver o propio golpe converterse en voo. Poucos sabían xogar, pero todos querían probar.
Logo dunha pequena práctica, o organizador formou parellas para competir en rondas eliminatorias. Os homes foron os primeiros en estrearse, con tres finalistas cheos de entusiasmo; despois chegaron as mulleres, que sorprendentemente formaron un grupo máis numeroso por primeira vez e, por último, as parellas mixtas. En total, tres categorías e moitas ganas de pasalo ben. Porque máis alá da competición, o espírito era outro: reencontrarse co xogo, co aire libre e coa veciñanza.
Ao rematar a tarde, quedou a sensación de que a billarda, coma tantas cousas do rural galego, non é só un xogo. É unha ligazón entre xeracións, unha forma de compartir risas e tempo. E tamén unha promesa: a de volver xuntarse o ano que vén, no mesmo patio, co mesmo pau e co mesmo entusiasmo por seguir facendo voar a tradición. Esta é a principal esencia da Caniceira, conseguir que non se perda o xogo mentres comparten o momento.
Van máis dunha ducia de anos nos que cada Entroido de verán se xuntan para practicar a billarda, pero desde a asociación aseguraban as ganas de organizar máis ao longo do ano. “Polo de agora so a facíamos en agosto, pero mesmo a xente ao vir e pásalo tan ben nos decía que debíamos organizar máis ao longo do ano. Nós estamos dándolle volta ademáis a organizar algún xogo tracional máis como a petanca”, sinalan os organizadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA EN TRIVES
Naturaleza y memoria se citan en el IES trivés
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Trives lleva un año sin plenos?
"GALEGO PARA ABRIRMUNDOS"
Avelino González acerca o galego ás aulas de Trives
"MARZO CULTURAL"
A tradición ponse a bailar en Trives
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas